A Asociación A Moreniña e a asociación de comerciantes Somos Rianxo, coa colaboración do Concello de Rianxo, puxemos en marcha de forma conxunta unha campaña de dinamización do comercio local, que ademais axudará tamén ás Festas da Guadalupe.
Nos comercios nos que vexas o distintivo poderás mercar rifas para o sorteo de 8 vales de 100 € de compra (1 sorteo cada día da Guadalupe) e ademais o sorteo do/a GUADALUPEIRO/A DE HONRA, unha mención honorífica que outorgará á persoa gañadora e a unha acompañante os seguintes agasallos:
- Aparcamento de balde nun sitio céntrico todos os días da festa
- Kit completo de agasallos “Guadalupeir@ 2022”
- Zona VIP na noite das bengalas
- Acceso ao barco da Virxe durante a procesión marítima
- …
Poden participar todos os comercios que o desexen.
Adquire as túas rifas e moita sorte!