Prazo de recepción de ofertas de orquestras para a Guadalupe 2023

Pincha na imaxe para agrandar

A Comisión de Festas da Guadalupe abre un prazo de 15 días para a recepción de ofertas para as quince orquestras que se contratarán para as Festas da Guadalupe 2023.

 

Até o día 19 as axencias e axentes, ou agrupacións destas, poden presentarnos ata 2 ofertas de diferentes orzamentos para a totalidade ou parte dos días de festa (do 9 ao 15 de setembro), e tamén orquestras e grupos particulares interesados en vir.

 

As ofertas enviaranse por correo electrónico a festa (a) festasdaguadalupe.gal

 

As condicións particulares (orquestras por día, sesións vermú…) e as dúbidas poden consultarse no mesmo correo.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll Up