Iniciamos con este unha serie de SORTEOS en beneficio das Festas da Guadalupe 2022.
Para este primeiro sorteo contamos cunha xenerosa doazón da nosa zoqueira preferida, Elena Ferro: unhas sandalias eFerro modelo Teño un amor en Rianxo. Moitísimas grazas!
A forma de participar é novedosa: as rifas non son físicas, senón virtuais. Podedes conseguilas facendo doazóns por Bizum, a razón de 1 euriño por rifa. É dicir, se queredes 2 rifas, podedes facer un Bizum de 2 euros, e participaredes no sorteo co dobre de posibilidades de gañalo.
O proceso é o seguinte:
- Desde xa, e ata o 23 de xuño (incluído), envía unha doazón por Bizum ao ID 05402 (tes que seleccionar a opción de doazón a unha ONG).
- Cada euro doado darache dereito a unha participación no sorteo.
- Garda a referencia do Bizum realizado, xa que será o que che pediremos para comprobar o premio.
- Os días seguintes realizarase o sorteo de forma transparente por medios electrónicos e daremos a coñecer na web e nas redes sociais a referencia premiada e unha serie de suplentes.
- Se es a persoa premiada, deberás poñerte en contacto connosco para que comprobemos que efectivamente tes o xustificante do Bizum realizado.
- Se nun prazo de 3 días non aparece a referencia premiada, anunciaremos que pasamos á seguinte reserva.
A participación neste sorteo implica a aceptación destas bases.
Moita sorte!